DESCUBRINDO UN MUNDO MÁXICO A TRAVÉS DA PDI

miércoles, 5 de diciembre de 2012

VALORACIÓNS FINAIS

VALORACIÓN DA ASIGNATURA:

En canto ao planteamento da asignatura consideramos que é adecuado, xa que nos permite indagar por nós mesmas e así ir descubrindo cómo funcionan as diferentes aplicacións para realizar as actividades, xa que traballamos de forma activa e buscamos información dos diferentes programas, polo que é unha aprendizaxe significativa. Aínda que isto nos parece correcto tamén consideramos que ás veces botamos en falta a axuda da docente pero aínda así soubemos saír do paso.
Por outro lado, en canto a temporalización das diferentes actividades consideramos que non se axusta correctamente posto que practicamente a ningún grupo lles da tempo a rematar ditas actividades e, a consecuencia diso, resultounos algo agobiante e estresante.
E, por último, dicir que o planteamento de autoevaluación está moi ben porque nos axuda a corrixir os traballos e a ter en conta os elementos claves en canto á evaluación pero tamén consideramos que ás veces isto nos leva moito tempo e igual estas autoevaluacións poderíanse plantear de outra forma, por exemplo, de forma numérica e coa posibilidade de poder facer, a maiores, algún apuntamento



VALORACIÓN DO TRABALLO EN EQUIPO:

En definitiva o noso traballo en equipo foi moi gratificante posto que non tivemos problemas á hora de reunirnos para facelo e, se alguén non podía quedar, pois falábamos con esa persoa e iba adiantando traballo na casa e tamén a informábamos do que nos habíamos feito ese mesmo día.
Por outra banda, todas aportamos o noso pequeno gran de area e fumos complementándonos para así chegar a concluir o noso proxecto. Cada unha ía aportando as súas ideas así como os seus coñecementos referentes á materia e íamos ensinándonos as unhas ás outras. Sempre nos apioamos en todo momento e creemos que por iso non tivemos ningún problema no noso traballo conxunto.
Consideramos que o resultado final do noso proxecto foi grazas a todas e estamos moi contentas e satisfeitas co que logramos, opinamos que o traballo está moi logrado aínda que todavía haxa cousas que se poidan mellorar.


VALORACIÓN DO NOSO PROXECTO:

En canto o noso proxecto opinamos que conseguimos innovar neste ámbito, quizais non na elección do mesmo pero sí na temática que eleximos posto que é algo que se sae do convencional e tamén é moi atractivo e diferente para os/as nenos/as. Ademais é un tema que nos dá moitas posibilidades para traballar.
Nun primeiro momento anduvemos un pouco perdidas debido a que non sabíamos moi ben como empezar coas actividades, sabíamos que a temática era boa pero non conseguíamos realizar as actividades desexadas e, ó final, con moito empeño e esforzo conseguimos acadalas todas e cada unha de elas, incluíndo a da “pota máxica” que tantos problemas nos deu.
E por último dicir que o programa AintivInspire axudounos moitísmo na realización destas actividades xa que Adora, Edilim, JClick e Hotpotatoes nos limitaban moito as actividades e non nos permitían poder facer as que nós queríamos. Recomendamos totalmente este programa xa que abre moito o campo de posibilidades para traballar na realización das actividades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario