DESCUBRINDO UN MUNDO MÁXICO A TRAVÉS DA PDI

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Valoración persoal


¡¡Ola queridos magos e magas!!

A continuación vou a facer una valoración da miña experiencia de grupo neste cuatrimestre. As tareas a realizar foron diversas; creación do blogger e da webquest, tutoriais de aplicacións con ardora, edilim, Jclic, publisher, etc. Todas estas tarefas foron moi constructivas xa que algunhas delas non as coñecía a agora podo dicir que saberei empregalas nun futuro próximo.

En canto ao traballo en grupo teño que dicir que foi moi safisfactorio. Nun principio só coñecía a Laura, pero despois collín confianza có resto do meu equipo e así conseguimos un bó ambiente de traballo. En ningún momento surxiron conflictos, todas as inquedanzas que tivemos foron resoltas exitosamente. Creo que ó ser seis integrantes benificionounos en canto a resolución de dúbidas, aportación de ideas, á hora de compartir coñecementos, neste último sentido funcionamos moi ben porque algunhas tíñamos máis habilidades e coñecementos tecnolóxicas, por outro lado a creatividade e a imaxinación, a voluntariedade, a persoa coordinadora do traballo, tamén había quen se expresaba mellor á hora de redactar, etc. Con isto quero dicir que para min foi moi gratificante o traballo en grupo, unha cousa moi importante é que traballamos sempre dende o respeto mútuo, cousa que fixo que sempre tivésemos un bó espírito de grupo.

Por outra banda, dicir que miña opinión persoal sobre o resultado final do traballo é moi positiva, xa que hoxe puiden observar que todo o esforzo realizado durante estes meses viuse reflexado, con isto non quero dicir que non se poida mellorar, pero miñas compañeiras máis eu quedamos moi satisfeitas có resultado acadado e moi felices de habernos superado neste reto, xa que o principio tivemos moitas dudas sobre a temática elexida para a realización do proxecto; a maxia, posto que non encontrábamos a forma de levar a cabo as ideas que tíñamos, pero ao final conseguimos superarnos e saír adiante como boas MAGAS que somos.

E dende aquí quero dar as grazas a todas; Laura, Elsa, Inga, Ana e Iris, xa que fóchedes unhas moi boas compañeiras neste viaxe cheo de maxia, e mandarvos un bico enorme e tamén felicitarvos polo voso traballo.

¡¡SEGUIREMOS EN CONTACTO E ESPERAMOS TER PRONTO NOVAS!!

¡¡ATA PRONTO PEQUENOS APRENDICES DE MAGOS!!

Un bico enorme

Sara Rodríguez Alonso

No hay comentarios:

Publicar un comentario