DESCUBRINDO UN MUNDO MÁXICO A TRAVÉS DA PDI

miércoles, 17 de octubre de 2012

martes, 16 de octubre de 2012

Valoración Camtasia Studio


CAMTASIA STUDIO

Camtasia studio é un programa que serve para gravar as accións que se están a realizar na pantalla do teu propio ordenador e ao mesmo tempo grava nosa propia voz explicando ditas acción.
Descargar este programa é sinxelo, aínda que tivemos que descargar a aplicación en inglés xa que non a atopamos en español. A descarga que fixemos foi de 30 días posto que a versión completa é de pago.
O manexo desta aplicación foi fácil e intuitiva, os iconos a pesar de estar en inglés compréndense xa que son de uso universal. Por outra parte permítenos realizar as gravacións dende diferentes formatos, como pode ser o uso da webcam, micrófono, e o tamaño da pantalla.

A continuación facilitamosvos un enlace onde podedes descargar a aplicación de Camtasia Studio de forma segura, http://camtasia-studio.softonic.com/

Format Factory

Format Factory é unha aplicación que nos permite cambiar o formato de audio, video e imaxes, e tamén permite crear montaxes de videos e audios.

Este programa foinos útil para poder realizar actividades de sons na aplicación Ardora, posto que o formato que require é .wav ou .au.

Deixámosvos aquí un enlace para poder descargar esta aplicación de forma segura se queredes, http://format-factory.softonic.com/