DESCUBRINDO UN MUNDO MÁXICO A TRAVÉS DA PDI

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Valoración persoal

Persoalmente, para min, traballar en equipo é unha das mellores maneiras de realizar as tarefas xa que obtes diversos puntos de vista e variedade de ideas, ademais aprendes a traballar en grupo, a tomar decisións de forma consensuada e sobre todo a respectar a todos os membros do mesmo.
Naturalmente, traballar en grupo ten as súas ventaxas e inconvintes pero é necesario saber facelo posto que  se xurden problemas de incompatibilidade entre os membros, sexa pola razón que sexa, é necesario saber xestionalos. Por outro lado penso que, ó facelo, ademais de adquirir coñecementos referente á materia, complementarnos coas capacidades que posúe cada unha, etc. tamén adquirimos competencias referidas ás habilidades socias, que non son, nin moito menos, pouco importantes senón necesarias para vida en xeral, e sobre todo, de cara a un futuro laboral. 
Traballando xuntas aprendimos a tomar decisións en conxunto, a valorar e a ter en conta todas as ideas aportadas por cada unha de nós e, sobre todo, a potenciar a empatía xa que moitas veces tivemos que poñernos no lugar das demais.
Unha pequena aclaración que quero facer é que todas e cada unha de nos mostramos interese no noso proxecto e todas colaboramos de foma máis ou menos activa pero teño que decir que algunhas aportaron máis que outras, ben sexa polos seus coñecementos, polas súas capacidades, pola súa iniciativa ou pola súa capacidade de liderazgo. Neste sentido quero recoñecer que eu, persoalmente, non me manexaba moi ben co uso das TIC e costoume máis adaptarme a éstas que outras das miñas compañeiras e quizais por iso neste ámbito non aportei tanto como puideron aportar outras pero, a pesares de iso, considero que participei activamente xa que aportei moi boas ideas ó grupo, tiven iniciativa e impliqueime neste traballo, aínda que iso non quita que a miña labor se puidese mellorar.
E xa para rematar, en xeral, creo que realizamos un traballo exitoso, con isto non quero dicir que non sexa mellorable, pero creo que nos esforzamos moito e que conseguimos acadar os obxectivos establecidos, ademais de aprender os contidos da materia e, por riba de todo, considero que nos arriscamos moito coa temática elexida, que ao principio nos supuxo moitos problemas, pero que ó final soubemos resolver e, como non, innovar neste sentido.


Laura Silva Soage

No hay comentarios:

Publicar un comentario