DESCUBRINDO UN MUNDO MÁXICO A TRAVÉS DA PDI

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Valoración persoal


Din que todo comezo nunca foi fácil e menos cando algo é novo, e neste caso non podía ser menos, pero iso si, se das con persoas como coas que me  tocou no grupo de NT axuda bastante a que o camiño non se faga tan pesado .

Aínda que todas realizamos o ciclo de educación infantil, unicamente coñecía a dúas compañeiras de antes, e case de vista. Conectamos todas rapidamente moi ben e iso fixo que o traballo finalmente se realizase satisfactoriamente. Tíñamos claro que o traballo  o faríamos entre todas, nada de andar a repartir en trociños e que cada unha se encargase dunha parte e finalmente facer un corta e pega, posto que sabíamos que así non todas íamos saber facer todo. Con esta metodoloxía por suposto “perdemos” moitas máis horas e incluso as veces ata case a cabeza, pero agora que xa está  todo rematado, polo menos eu, alégrome de haber feito as cosas como as fixemos.
En xeral penso que o mellor que nos puido pasar é que no grupo non houbo problemas entre nós, aínda que non todas pensabamos igual soubemos como chegar a un consenso de forma pacifica e bastante rápida, e todas aportamos o noso granito de area na medida en que podíamos, axudándonos sempre que fixese falla.

Estou moi orgullosa do meu equipo e por suposto do noso traballo final!!


                                                                                                                            Inga Rodríguez Castiñeira

No hay comentarios:

Publicar un comentario