DESCUBRINDO UN MUNDO MÁXICO A TRAVÉS DA PDI

lunes, 19 de noviembre de 2012

¡¡APRENDE A COMPARTIR A MAXIA!!



Había unha vez un reino moi,  moi lexano onde reinaba a MAXIA e cada criatura que alí nacía transformábase ao  pouco tempo nun MAGO  o nunha MAGA. Certo día naceu un coello moi branco e fermoso ao que os seus pais chamáronlle Cirueliña. Pois Cirueliña ta as patas moi, moi longas e avergonzábase de ser tan diferente aos demáis coellos.
Un día de outono, Cirueliña canso de sentírese raro, decidiu cruzar a ponte máxica que separaba a súa cidade máxica das outras cidades e mudouse a outro reino. 

No seu novo fogar pronto descubriu cas súas patas longas tiñan un don especial; ademáis de permitirlle saltar moi, moi alto e espiar todo dende enrriba, se usaba as súas patas para abrazar a alguén, esa persoa tamén convertíase nun mago. O descubrir os seus poderes, a felicidade o invadiu e escribiu as palabras máxicas para ensinarlles os seus futuros magos: 

ABRAZO, ABRAZIÑO, ABRAZÚ, AGORA A MAXIA A TES TI.
ABRAZO, ABRAZOTE, ABRAZÍN, AGORA A MAXIA VOLVE A MÍN.

Como os maestros e as maestras queríamos abrir unha "fábrica de magos” no centro, convencimos a Cirueliña para que viñera a visitarnos e nos abrazara a todos… ¡Animádevos a convertivos en magos! E, para comezar a xogar, dicímoslles a Cirueliña… 

ABRAZO, ABRAZIÑO, ABRELATA, QUE ME SALLA O TRUCO E NON META A PATA.



No hay comentarios:

Publicar un comentario