- DROPBOX
Trátase dunha aplicación na que podemos compartir
todo tipo de información como fotos, documentos, etc. É unha plataforma que se pode compartir coas persoas que ti elixas sen
necesidade de agregalas ao teu correo. O único que se precisa para traballar
con esta aplicación e ter unha conta online. Ven integrado un disco duro
virtual no que almacenamos toda á información podendo acceder a ela
desde calquera lugar, únicamente
entrando na túa conta. Unha das grandes ventaxas é que é totalmente gratuito, só necesitas unha conta no dropbox facendo así que o seu acceso sexa sinxelo.
Pola contra, a desventaxa máis grande que atopamos é que a súa capacidade é de 2 GB de memoria na versión
gratuita, aínda que conta coa posibilidade de escoller a versión de pago
aumentando os GB.
Como conclusión, creemos que é unha aplicación moi útil e completa xa que nos permite
almacenar e compartir entre outras cousas, moita información, facendo
accesible os nosos documentos en calquera lugar, compartíndoo con calquera persoa que ti invites.
- GOOGLE DOCS
Por outra banda pódese realizar varias tarefas como crear e editar documentos, follas de cálculo e presentacións online. Ademáis, cabe
destacar que toda a información que gardamos queda almacenada e organizada de
forma segura, sempre a disposición de cada un dos membros do grupo.
A diferencia do Dropbox, éste si se pode empregar en tempo real, traballando varios usuarios ó mesmo tempo. Ademáis
permitenos ver quen fixo cambios e revertilos si fóra necesario.
A información pódese compartir con quen se
queira, o único que hai que facer e enviarlle á persoa que queremos unha invitación.
Por último dicir que existen certas
limitacións en canto ás capacidades que se aceptan dependendo do formato do
documento: para textos, hasta 500KB; imaxes, 2Mb; e para follas de cálculo ata
40 follas.
- BLOGGER
Dependendo da elección de cada usuario o blog pode estar
visible para todo o mundo ou pola contra ser privado.
O blogger danos a posibilidade de personalizar o blog o
noso gusto, xa que as plantillas non son fixas e podemos escoller a cor, o
fondo, letras...que se desexen. Ademáis podemos incluir videos, imaxes e incluso
sons. Pero é importante ter en conta que en ocasións faise complicado cambiar a
plantilla xa que funciona con idioma httml. Destacamos tamén que as plantillas
estan limitadas, pois non podemos personalizalas ó
100%.
Tamén da a posibilidade de contactar con outros usuarios
compartindo ideas, opinións, resolver dúbidas, ou mesmo
revatirlle.
Esperamos que vos sexa de utilidade esta información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario